Esta experiencia que nos chega de Portugal ten como obxectivo principal facilitar a comprensión das relacións que existen entre a vida das persoas nas nosas rexións e noutras partes do mundo. Este proxecto traballouse desde as áreas de Lingua Portuguesa (elaboración de textos) e Educación Cívica (como espazo privilexiado para o desenvolvemento da Educación para a Cidadanía). A través dun conto, e no ámbito da proposta didáctica Conectando mundos, nunha primeira fase foran traballadas as emocións a partir da identificación dos personaxes do conto, para, nunha segunda fase, abordar contidos vinculados ás migracións, como as fronteiras, as características físicas, as tradicións ou as bandeiras. Posteriormente, na terceira fase del proceso, abordouse...
Quiero saber más
Esta experiencia, levada a cabo en Portugal, é un proxecto interdisciplinar en que se implicou e participou o profesorado das áreas de Lingua Portuguesa, Estudo do Medio, Expresión Plástica e Dramática e Matemática. Os nenos e as nenas, coa orientación da titora del grupo, escribiron unha historia colectiva para abordar o dereito á nacionalidade, á diferenza, no cadro da Declaración dos Dereitos da Crianza. Con este proxecto, os nenos e as nenas compartían de forma oral e escrita as súas aprendizaxes, tornándoas accesíbeis a todos e todas as lectoras e ouvintes. O obxectivo final era ler a historia a un grupo dunha Escola Infantil do Agrupamento.
Quiero saber más
Esta experiencia foi levada a cabo no CEIP Plácido Fleitas (Telde, Gran Canaria) e é un proxecto de centro para sensibilizar o alumnado, profesorado e familias sobre a situación da pobreza no mundo, buscando causas e consecuencias e fomentando un compromiso perante esa realidade. Foron realizados uns obradoiros co obxectivo de formar, reflexionar e traballar o compromiso individual, destinados ao alumnado e aos pais e nais, e organizado desde o claustro de profesorado, co apoio do equipo educativo de Intermón Oxfam. O traballou culminou cun acto de mobilización social para concienciar sobre o tema da pobreza os cidadáns e cidadás de Telde, así como espertar nos alumnos e alumnas xestos...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e boa utilización da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión, como peche das actividades “Noaga, a auga e nós” e “Xoguemos coa auga”. A actividade pretende favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade, a través dunha metodoloxía participativa.
Quiero saber más
Esta actividade està pensada para realizarse nun espazo aberto como o patio. Trátase na realidade de dous xogos diferentes, “De gota en gota” e “Gotas de auga para África”. Ao final de cada xogo, debe dedicarse un tempo para o debate e a reflexión. Para poder ser realizado, é necesario dispor de materiais como cartolinas, papel de embalar e recipientes diversos como cubos, vasos e barrenos. A súa duración está prevista de hora e media a 2 horas. O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. Igualmente, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e...
Quiero saber más
O obxectivo desta actividade é sensibilizar sobre a importancia da auga e mostrar as diferenzas que existen no mundo con relación a este recurso. A través da historia de Noaga, de Burkina Faso, o alumnado achágase a unha realidade diferente. Desta forma, preténdese favorecer condutas de consumo sustentíbel e fomentar valores de corresponsabilidade. Igualmente, é analizado o noso consumo de auga e son introducidos conceptos como auga potábel e escaseza. Para traballar todos estes conceptos, proponse o uso de debuxos, fotografías, e a explicación dunha historia.
Quiero saber más
A partir da historia de Rosalina, preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito e se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Rosalina, unha nena que se ve forzada a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia da protagonista e, polo outro, nos presentan unha serie de actividades que nos permiten...
Quiero saber más
Esta unidade didáctica propón reflexionar, a partir dunha chuvia de ideas inicial, en torno do concepto de paz. Pretende conseguir entre todos e todas unha definición que vaia máis alá da ausencia de guerra. Para iso, aproxima a paz da súa realidade máis próxima, como a relación cos seus irmáns ou cos seus amigos e amigas. Finalmente, proponse a realización entre toda a aula dun acto simbólico sobre a paz.
Quiero saber más
Trátase dunha unidade didáctica que a través de 4 actividades de aula acerca ao alumnado as nocións de paz e xestión de conflitos. A través de exemplos moi próximos, como unha pelexa no patio da escola, este material ten como obxectivo abordar a resolución de conflitos pola vía pacífica, pondo especial énfase nas normas de comunicación e na transformación de conflitos. Igualmente pretende, a través do debuxo, traballar os sentimentos que xeran nos máis pequenos a guerra e a paz.
Quiero saber más
Trátase dun monográfico para traballar os Dereitos Humanos, centrado no dereito á alimentación, a saúde e á educación. A través do testemuño de María, unha nena nicaraguana da mesma idade que o alumnado, este material achéganos á realidade de moitos nenos e nenas que ven como cada día son vulnerados os seus dereitos básicos. Esta proposta é formulada para traballar en catro sesións de aula.
Quiero saber más