7+3=1. As trampas do comercio internacional

Buscador de recursos

7+3=1. As trampas do comercio internacional

Autoría: Ferran Polo, Mireia Claverol, María Rico
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
Este material ten como obxectivo abordar o actual sistema de comercio internacional, para mostrar as inxustizas que este xera. Para nos achegarmos ao tema, proponse nunha primeira sección reflexionar sobre o nivel de consumo propio, relacionándoo coa cobertura de necesidades e desexos, e tomando conciencia do papel que niso xoga a publicidade. A partir de aquí, identifícase o sentido actual do comercio como un medio de acumulación de riqueza, en vez de ser un mecanismo para cubrir necesidades. Despois, e a través dunhas viñetas, repasarase a historia do comercio desde as súas orixes. As seguintes actividades propoñen casos concretos e reais, centrados en torno do azucre e dos medicamentos, a partir dos cales se mostra o funcionamento do sistema comercial e dos seus mecanismos de poder. As últimas actividades dan a coñecer diferentes accións da sociedade civil que conseguiron pequenos pasos cara a un mundo máis xusto, todo iso co obxectivo de motivar o alumnado a participar como cidadanía activa e solidaria nas propostas de mobilización e sensibilización que se suxiren desde a sociedade civil.
Observacións:
Este material fai parte da maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.