O DESAFÍO CLIMÁTICO

Buscador de recursos

O DESAFÍO CLIMÁTICO

Autoría: Oxfam GB (Oxfam Education), Natalia Pereira (adaptación)
Data: marzo 2020
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos
Idioma: Castelán
O desafío climático
Descrición:
A mudanza climática é unha ameaza global que xa está a afectar millóns de persoas en todo o mundo. Este recurso educativo céntrase nas consecuencias que a mudanza climático ten para as persoas: na forma en que as comunidades están a verse afectadas e en como resisten, responden e se adaptan a eses desafíos. A secuencia de recursos e actividades procura profundar na temática, en primeiro lugar, para terminar pasando á acción real. Estas son las sesións do recurso: SESIÓN 1: O desafío climático SESIÓN 2: Quen é o responsábel? SESIÓN 3: Impactos da mudanza climática SESIÓN 4: Historias sobre a mudanza climática SESIÓN 5: Adaptarse á mudanza climática SESIÓN 6: Pasar á acción contra a mudanza climática
Observacións:
"O desafío climático" é un documento para profesorado estruturado en 6 grandes bloques que denominamos sesións. En cada sesión, poden ser encontradas diferentes actividades, vinculadas a fichas de recursos imprimíbeis. A presentación pode ser proxectada para explicar os conceptos e as historias das protagonistas do recurso, a modo de apoio. No documento principal, encontrarán miniaturas das imaxes da presentación con descricións para apoiar a súa proxección, directamente vinculada coa secuencia de traballo das actividades e das fichas de recursos.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.