O DESAFÍO CLIMÁTICO

“O desafío climático” é un documento para profesorado estruturado en 6 grandes bloques que denominamos sesións. En cada sesión, poden ser encontradas diferentes actividades, vinculadas a fichas de recursos imprimíbeis. A presentación pode ser proxectada para explicar os conceptos e as historias das protagonistas do recurso, a modo de apoio. No documento principal, encontrarán miniaturas das imaxes da presentación con descricións para apoiar a súa proxección, directamente vinculada coa secuencia de traballo das actividades e das fichas de recursos.