A carreira da túa vida
A carreira da túa vida
Autoría: Sibila Vigna
Data: 2006
Temática: Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Desigualdade económica e xustiza fiscal
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Descrición:
Este material ofrece un percorrido ao longo de catro historias de nenos e nenas de España, Estados Unidos, Burkina Faso e México, en que o alumnado deberá relacionar e investigar diferentes temas asociados a cada país. A partir dos índices de escolarización, acceso á saúde, acceso á auga, PIB, esperanza de vida, etc. este material pretende abordar as diferenzas entre os diferentes países. A partir de aquí, o eixe central do caderno é un xogo de taboleiro, que se realiza en grupos e cos catro personaxes como protagonistas. O obxectivo principal é reflexionar sobre as causas da pobreza e cómo afecta esta situación ás persoas. Igualmente, preténdese vincular o concepto pobreza ao dos dereitos humanos. Ao finalizar o xogo, que demostra que non todas as persoas temos as mesmas oportunidades, ábrese espazo para o debate. A partir do testemuño real de Nomina Tusu, da Etiopía, analízase tamén o papel da educación na superación da pobreza. Finalmente, proponse analizar algunhas das causas estruturais da pobreza e reflexionar acerca das alternativas posíbeis. Ó esta forma, o alumnado recoñece o papel e a responsabilidade dos gobernos na cobertura das necesidades básicas e na erradicación da pobreza. E vincula o papel do sistema económico internacional e da débeda externa coas causas estruturais da pobreza. Por último, danse a coñecer algunhas iniciativas de participación e anímase a participar en accións para erradicar a pobreza.

Observacións:
Esta carpeta fai parte da maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e unha carpeta de recursos para Secundaria.

Descarga de recursos
La_carrera_de_tu_vida_CAST.pdf
La_carrera_de_tu_vida_CAT.pdf
La_carrera_de_tu_vida_EUSK.pdf
La_carrera_de_tu_vida_GAL.pdf
Guia_Ale_y_Carrera_CAST-1.pdf
Guia_Ale_y_Carrera_CAT-1.pdf
La_carrera_de_tu_vida_CAST.pdf
La_carrera_de_tu_vida_CAT.pdf
La_carrera_de_tu_vida_EUSK.pdf
La_carrera_de_tu_vida_GAL.pdf
Guia_Ale_y_Carrera_CAST-1.pdf
Guia_Ale_y_Carrera_CAT-1.pdf
Engadir comentario