A contribución do Global express para o desenvolvemento dunha cidadanía global: un estudo piloto
A contribución do Global express para o desenvolvemento dunha cidadanía global: un estudo piloto
Data: 2012
Temática: Marco teórico do ECG
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán
Neste artigo, preséntase a experiencia de avaliación dunha proposta de educación para a cidadanía: Global express, un recurso pedagóxico da ONG Intermón Oxfam dirixido a alumnado de secundaria.
O artigo está estruturado en seis partes, as dúas primeiras de introdución e presentación do material didáctico, o corpo central do artigo en que se desenvolve o cadro teórico, o cadro empírico e os resultados de avaliación e, finalmente, a parte final coas conclusións e coas propostas de melloría.
As conclusións do artigo demostran que o material contribúe parcialmente para a construción de competencias cidadáns. Por un lado, Global express permite ao alumnado ter unha visión máis empática da realidade e comprender certas problemáticas globais; polo outro lado, porén, non consegue resultados positivos no momento de influír na capacidade do alumnado para levar a cabo accións de transformación social.
Este artigo o traballo final do Máster de Educación para a cidadanía e en valores da Universitat de Barcelona (UB).