A escola xeradora de cidadanía. Aproximación á realidade migratoria en centros de ensino secundario do municipio de Madrid

Buscador de recursos

A escola xeradora de cidadanía. Aproximación á realidade migratoria en centros de ensino secundario do municipio de Madrid

Autoría: Gema Redondo Mazarracón
Data: 2012
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

A integración social é un proceso que se realiza desde distintos ámbitos e no que participan moitos axentes. Por “estar integrado” entendemos a participación activa na vida social, económica, cultural e política dunha sociedade, o exercicio dos dereitos e o acceso aos bens e servizos básicos.

No ámbito do Máster en Migracións Internacionais da Universidade Pontificia Comillas, Gema Redondo Mazarrón realiza unha investigación sobre os procesos de incorporación e integración de alumnado de orixe inmigrante a centros de ensino da cidade de Madrid. Esta investigación céntrase en analizar as causas de por qué cando os procesos de integración levan o apelido “intercultural” e están asociados ao fenómeno das migracións de carácter económico, presentan unha problemática específica. Pola súa vez, tenta resaltar a necesidade de normalizar as relacións interculturais centrándose nun dos ámbitos, a escola, que constitúe para todos un lugar chave nos procesos de integración na sociedade.

A finalidade desta investigación é realizar unha aproximacón a unha serie de aulas de centros públicos e concertados para tocar a realidade e achegarse a aquelas propostas que están detrás, tratando de quebrar os estereotipos de escolas gueto fronte a escolas de elite. A investigación tamén indaga cómo son os procesos de admisión nos centros públicos e concertados, e en qué medida estes procesos de admisión son determinantes para a distribución máis ou menos equitativa do alumnado inmigrante nas aulas madrileñas.

Observacións:

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.