A familia de Yusuf
A familia de Yusuf
Data: 2007
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Esta unidade ten como obxectivo reflexionar sobre as distintas vías de transformación e resolución dos conflitos e as consecuencias que estas teñen para as persoas. A partir dun xogo de rol sobre a historia de Yusuf, un mozo sudanés que viviu de cerca o conflito de Darfur (Sudán), a actividade pretende que os rapaces e raparigas reflexionen sobre o papel que xogan os diferentes axentes nun conflito como este. Finalizado o xogo, ábrese un espazo de debate para falar sobre este e outros conflitos.
Esta actividade pretende dar pé a falar sobre algúns dos conflitos armados que teñen lugar no mundo e o papel que xogan os medios de comunicación para tornar visíbeis ou invisíbeis algúns deles. Igualmente, ponse tamén sobre a mesa o compromiso e a responsabilidade da comunidade internacional coa protección das vítimas civís afectadas por conflitos armados.
Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a través de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.



