A pobreza, a grande esquecida das ONU

Buscador de recursos

A pobreza, a grande esquecida das ONU

Autoría: Gaspar Garriga
Data: 2005
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Esta edición de Global Express analiza o estado en que se encontran os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), cinco anos despois da súa aprobación por parte das Nacións Unidas. O material ofrece, a través de cinco actividades de aula, un detallado balanzo dos avances e retrocesos conseguidos até agora en cada un deles e fornece elementos para reflexionar sobre o papel da ONU e da cidadanía na loita contra a pobreza. Os ODM, aprobados no ano 2000 por parte da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, pretendían promover a dignidade humana e a igualdade, alcanzar a paz, garantir os dereitos básicos como a alimentación ou a saúde e atinxir o equilibrio ambiental.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.