Aída e o Oso Medoso
Aída e o Oso Medoso
Data: 2018
Temática: Xustiza de xénero
Tipoloxía de recurso: Aída e o Oso Medoso
Público destinatario: 3 a 6 anos, 6 a 8 anos
Idioma: Castelán
É importante que os cativos e cativas estean conectados coa actualidade e que comprendan os asuntos que ocorren ao seu arredor. Xa desde educación infantil poden ser coñecedores dos acontecementos sociais e medio-ambientais que conforman a realidade na que vivimos.
A crise social en torno a migrantes e persoas refuxiadas é quizais o maior acontecemento de vulneración dos dereitos humanos da nosa época. Inclúe cuestións relacionadas cos movementos migratorios, as fronteiras, o respecto ao asilo e à infancia, a perda de vidas humanas por causas puramente políticas, o crecemento de actitudes racistas e xenófobas en Europa. Pero tamén outras como solidariedade, xustiza e igualdade, que consideramos que se poden entender xa desde estas idades.
Esta proposta trata de acercar á poboación de educación infantil a situación das persoas refuxiadas sen dramatismos. Apóstase por non facelo desde un ton traumático ni excesivamente triste, senón desde o coñecer, o reflexionar de forma conxunta e o vincularnos con esta realidade.