Ale e a bola do mundo máxica

Buscador de recursos

Ale e a bola do mundo máxica

Autoría: Sibila Vigna
Data: 2006
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este material ten como obxectivo traballar o concepto de pobreza en sentido amplo e establecer relacións entre necesidades básicas e pobreza. A través dunha narración, preténdese motivar o interese do alumnado para o posterior tratamento dos temas abordados, e realizar un primeiro achegamento aos conceptos a traballar. Grazas á súa bola máxica, Ale, un neno español, emprende unha viaxe a Mali. Alí fai amizade con Keita, cuxa familia se encontra nunha situación grave pola doenza do irmán pequeno. Os dous nenos emprenden un longo camiño para buscar o curandeiro da comunidade, mostrando as graves deficiencias na cobertura da saúde que ocorren nos países empobrecidos. Durante a viaxe, os personaxes descobren tamén unha situación económica inxusta. Mali é un dos maiores produtores de algodón do mundo, mas, tanto os labregos e labregas que traballan neste cultivo, como o país no seu conxunto, viven na pobreza por unhas regras de comercio internacional inxustas. A través das actividades propostas, o alumnado toma conciencia das diferenzas entre España e Mali, no relativo, por exemplo, ao índice de alfabetización ou no acceso á auga. Por outro lado, focaliza tamén no exemplo de España durante a posguerra, un momento no cal tampouco no noso país había grandes oportunidades. Identifica, por tanto, diferentes tipos de pobreza e reflexiona acerca das súas consecuencias na vida das persoas, vinculando tamén o concepto pobreza ao dos dereitos humanos. É Por último, fai reflexionar ao alumnado sobre posíbeis solucións á pobreza e dá a coñecer iniciativas de participación para a súa erradicación.
Observacións:
Esta carpeta fai parte da maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e unha carpeta de recursos para Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.