Bolboretas de cores
Bolboretas de cores
Data: 2004
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Este caderno presenta a Roberto, un neno de Angola, que introduce o alumnado na realidade do seu país e nas consecuencias da guerra que se viviu e que aínda perduran. Esta proposta ten como obxectivo que o alumnado coñeza as consecuencias que produce o comercio de armas, concretamente o das minas antipersoa, e as repercusións sufridas por millóns de persoas en todo o mundo. A través da análise de debuxos de nenos e nenas implicados no conflito dos Balcáns, serán traballados os sentimentos e sensacións que a guerra nos esperta.
Este material pretende, igualmente, valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos e establecer mecanismos que fomenten a resolución e transformación de conflitos, tanto a escala internacional como persoal. Este punto é exemplificado coa historia de dúas cabras que mostran a necesidade de desenvolver solucións creativas aos conflitos. Como síntese, proponse a elaboración dun libro xigante con todas as aprendizaxes, opinións, etc. de forma que poida contribuír para dar a coñecer este traballo ao resto da escola e ás familias.
Este caderno fai parte da maleta pedagóxica "Por unha vida digna, adeus ás armas", que ofrece materiais para os outros ciclos de Primaria e unha guía de recursos para Secundaria.
Mariposas_de_colores_cast.pdf
Mariposas_de_colores_cat.pdf
Mariposas_de_colores_eus.pdf
Mariposas_de_colores_gal.pdf
Mariposas_y_grito_por_la_paz_Guia_didactica_cast.pdf
Mariposas_y_grito_por_la_paz_Guia_didactica_cat-1.pdf