Camiño a Huambo
Camiño a Huambo
Data: 2004
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Trátase dunha gimcana que permite identificar as consecuencias que calquera conflito armado ten para a poboación civil e especificamente céntrase no éxodo a que millóns de persoas se ven obrigadas cando unha guerra comeza. Igualmente, introduce conceptos como persoas refuxiadas e persoas desprazadas. Pola súa dinámica, pretende facer descubrir o traballo en equipo como método en que cada membro fornece diferentes habilidades e/ou capacidades e que permite gozar da satisfacción que proporciona vencer as dificultades de forma colectiva.
Proponse unha temporización en dúas sesións, unha primeira para a realización da gimcana e unha segunda para a reflexión en grupo. A dinámica está pensada para un grupo-aula que permita crear 8 grupos dunhas 3 persoas cada un.



