Celebración do DENIP
Celebración do DENIP
Data: 2010
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Democracia e participación, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán
Esta experiencia desenvólvese no ámbito do DENIP (Día Escolar da Non-violencia e da Paz). Trátase dun proxecto de centro para traballar, no cadro desta celebración, a temática da convivencia, co obxectivo de fomentar a educación en e para a concordia, participar na vida activa da escola,é dar cohesión ao grupo, desenvolver competencias persoais, como a reflexión e a capacidade de análise de conflitos, e avaliar a diferenza como elemento enriquecedor.
Nun primeiro momento, en reunión de aula, foron seleccionados os temas. Posteriormente, foi elaborado un mapa mural cos conflitos do mundo e foron identificados de forma individual cun cidadán ou cidadá dalgún destes países.
Este exercicio foi complementado con varias actividades, como a visualización de curtametraxes, xogos cooperativos, reflexións e postas en común,…para terminar levantando un muro con “ladrillos” que recollían palabras chave que fomentan as diferenzas e derrubalo a partir dunha reflexión conxunta.
Esta experiencia foi presentada no IV Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en El Escorial (Madrid), de 30 de outubro a 1 de novembro de 2010, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.