Cesar fogo no negocio das armas

Buscador de recursos

Cesar fogo no negocio das armas

Autoría: Sibila Vigna
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Este Global Express analiza o impacto das armas e da cultura da violencia nas sociedades do sur e do norte para pór ao descuberto quen gaña e quen perde con este lucrativo negocio. O material ofrece ferramentas para desenvolver no alumnado unha actitude crítica para coa cultura da violencia e propón alternativas para traballar a favor dunha cultura de paz.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.