Como o ves?
Como o ves?
Data: 2003
Temática: Desigualdade económica e xustiza fiscal, Xustiza de xénero
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
O monográfico ten como obxectivo identificar formas de discriminación da muller, tanto no Norte como no Sur, no ámbito familiar, laboral e político. As primeiras actividades poñen ao descuberto a desigualdade entre homes e mulleres na distribución das tarefas do lar, así como a discriminación da muller nas mensaxes publicitarias.
A continuación, achégase é realidade do Sur a través dunha banda deseñada sobre o traballo de homes e mulleres nunha comunidade de Guatemala. Despois da súa lectura, proponse realizar un debate e un xogo de rol onde se discutan o rol que xogan e que deberían xogar homes e mulleres no caso proposto pola banda deseñada. Como síntese final, e a partir duns datos fornecidos sobre a discriminación da muller no mundo, proponse elaborar un relatorio de denuncia dalgúns casos de discriminación por razóns de xénero en diferentes ámbitos con recomendacións para eliminala.
O traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Este material fai parte do monográfico “Na procura da igualdade” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria.
En_busca_de_la_igualdad_sec_cas.pdf
En_busca_de_la_igualdad_sec_cat.pdf
En_busca_de_la_igualdad_sec_eus.pdf
En_busca_de_la_igualdad_sec_gal.pdf
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_cas-7.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_cat-7.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_eus-7.zip
Cuadro_de_contenidos_y_para_saber_mas_gal-7.zip