Conectando mundos

Buscador de recursos

Conectando mundos

Autoría: Jose A. Tellez Muñoz y Juan M. Palmero Sanchez
Data: 2014
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 6 a 8 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Proxecto de investigación interdisciplinar, a través do cal o alumnado chegou a coñecer a situación de desigualdade que impera no mundo investigando sobre diferentes países do mundo más desfavorecido. Así chegamos a coñecer algunhas causas destas desigualdades e propuxemos posíbeis solucións. No proceso descubrimos tamén algúns comportamentos da nosa vida cotiá que poden axudar a mellorar estas condicións. No proceso recibimos convidados na aula que nos narraron a súa experiencia directa en países do sur. Elaboramos un libro de contos solidarios e fixemos un mercado solidario en colaboración con varias ONG para recadar fondos para diferentes proxectos de axuda aos países con máis problemas. Todo fica reflectido nun libro final “Conectando mundos: a fame no mundo”.

Pretendemos superar a escola tradicional e a sobreutilización do libro de texto a través de metodoloxías e dinámicas de aula que estimulen a curiosidade, o impulso investigador e o ollar crítico. Ademais, queremos facer tomar conciencia ao alumnado da súa propia capacidade transformadora da sociedade.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_41_ESP.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.