Convivindo en igualdade

Buscador de recursos

Convivindo en igualdade

Autoría: Barabara Educació SCCL
Data: 2016
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
Esta proposta ten como obxectivo traballar en torno da equidade de xéneros a través da construción da propia identidade de forma saudábel, quebrando estereotipos e aceptando a diversidade. A través de distintas actividades e metodoloxías, preténdese identificar e recoñecer as desigualdades que, por causas de xénero, ocorren no ambiente próximo, así como noutros contextos máis globais, e promover actitudes e accións que poñan en valor a diferenza e a riqueza de compartir e construír unha vida desde a igualdade. Para esta etapa, a proposta céntrase no traballo de análise e recoñecemento das desigualdades de xénero ao nivel persoal e social. A través do debate a partir de vídeos, dinámicas de posicionamento, xogos de rol, etc., trabállanse varios temas como as relacións de parella ou os estereotipos de xénero. Ponse tamén especial énfase na lectura crítica de imaxes e mensaxes da publicidade, a través da cal se desenmascaran os discursos estereotipados que ocorren na sociedade. Por último, trabállase a orientación ao compromiso persoal e á acción que contribúa para acabar coas desigualdades que ocorren por cuestión de xénero.
Observacións:
Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Camiños de igualdade”, elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.