De maior quero ser…
De maior quero ser…
Data: 2003
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Desigualdade económica e xustiza fiscal
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Este monográfico reflexiona sobre o concepto de traballo. A partir do máis próximo, o traballo propio e o dos membros da súa familia, os nenos e nenas toman conciencia do que se pode grazas ao traballo e do que este representa en relación ádignidade humana.
A partir do testemuño de Momema, de Bangladesh, aproxímase da realidade das persoas e das familias que non poden cubrir as súas necesidades básicas ao perderen o seu traballo remunerado e pon sobre a mesa como moitas persoas de países do Sur non poden vivir dignamente do seu traballo a pesar das horas e esforzos que dedican. O material introduce tamén o concepto de mobilización, a partir dunha cadea humana formada en Dhaka por nenos e nenas que reclamaron o seu dereito á educación.
Este monográfico está proposto para traballar en catro sesións de aula.
Este material fai parte do monográfico “Dereitos laborais” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.







