Diferentes mais iguais
Diferentes mais iguais
Data: 2016
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Democracia e participación, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 3 a 6 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Esta actividade xorde a partir do traballo feito con dúas aulas de nenos e nenas de 4 anos dentro da proposta Conectando mundos 2014-2015, co título “Cando os dereitos se frustran”, que aborda os dereitos sociais básicos.
Neste cadro, descubrimos tamén o dereito de toda persoa a ter unha identidade propia e plural, que non implica excluír o diferente, senón aprender a sumar. É a lóxica da diferenza inclusiva: coñecer a diversidade para, a partir dela, realizar a unidade (mudanza necesaria e profunda da nosa sociedade). A realidade da aula proponnos o desafío de recoñecer a diversidade cultural, relixiosa e idiomática do alumnado, que se constitúe en punto inspirador para aprendermos a nos recoñecermos os uns nos outros.
O obxectivo principal é nos recoñecermos na diversidade. Coa axuda das familias, recollemos informacións e traballamos con elas de diferentes formas.
Esta experiencia foi presentada no VI Seminario “Educar para unha cidadanía global”, celebrado en Barcelona en xullo de 2015, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.