Emprender na escola (a cooperativa)
Emprender na escola (a cooperativa)
Data: 2016
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Democracia e participación
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 10 a 12 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Preténdese desenvolver no alumnado estratexias para pór en marcha proxectos cooperativos e de emprendemento, facultándoo para a súa posterior integración social de xeito máis eficaz e satisfactorio, aproveitando as competencias básicas que integran o currículo cunha abordaxe globalizadora e integrada nas distintas áreas.
Son promovidas condutas e actitudes de colaboración, coordinación, superación de conflitos e asunción de problemas e responsabilidades a través da adquisición de hábitos de comportamento autónomo, o desenvolvemento da capacidade de negociación, de asumir compromisos, de se involucrar en espazos de participación e do descubrimento do sistema cooperativo como ferramenta para a mellora da economía de mulleres, homes e familias de moitos países.
Esta experiencia foi presentada no VI Seminario “Educar para unha cidadanía global”, celebrado en Barcelona en xullo de 2015, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.