Irak: na capa
Irak: na capa
Autoría: Ferran Polo
Data: 2003
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Descrición:
O obxectivo deste Global Express é o de recoñecer e identificar a gran variedade de factores e actores que interveñen en calquera conflito armado. Preténdese, deste xeito, superar e deixar en evidencia a simplificación dalgúns medios de comunicación social.
A partir da análise de fotografías, a primeira actividade pretende facer aflorar os sentimentos xerados polas imaxes e descubrir que quen máis sofre os conflitos armados é a poboación civil. O estudo do mapa do Irak actual e dos diferentes tratados e pactos mostra que o Irak é un país con fronteiras artificiais xurdido da colonización, cos problemas internos que implica o feito de que as referidas fronteiras non coincidan coas das nacionalidades que abarcan. Isto permite introducir o drama do pobo curdo, dividido entre o Irak, Turquía, Siria e Irán, e o feito de que se trata dun conflito rexional. A continuación, introdúcese unha actividade de reflexión sobre a importancia do petróleo nas nosas vidas e o papel que este xoga no conflito do Irak. A seguinte actividade ofrece ao alumnado a posibilidade de se converteren en investigadores e se iniciaren nunha lectura crítica dos medios de comunicación. Por último, ponse de manifesto a vulneración dos dereitos humanos que sofre a poboación iraquí como consecuencia do embargo internacional.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Descarga de recursos
Iraq_actividad_CAS.pdf
Iraq_actividad_CAT.pdf
Iraq_actividad_EUS.pdf
Iraq_actividad_GAL.pdf
Iraq_dossier_y_guia_CAS.pdf
Iraq_dossier_y_guia_CAT.pdf
Iraq_dossier_y_guia_EUS.pdf
Iraq_dossier_y_guia_GAL.pdf
Iraq_actividad_CAS.pdf
Iraq_actividad_CAT.pdf
Iraq_actividad_EUS.pdf
Iraq_actividad_GAL.pdf
Iraq_dossier_y_guia_CAS.pdf
Iraq_dossier_y_guia_CAT.pdf
Iraq_dossier_y_guia_EUS.pdf
Iraq_dossier_y_guia_GAL.pdf
Engadir comentario