Johannesburgo: salvemos a Terra? ou non

Buscador de recursos

Johannesburgo: salvemos a Terra? ou non

Autoría: Sibila Vigna
Data: 2002
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
O obxectivo deste Global Express é coñecer e analizar criticamente algúns dos temas abordados e os resultados obtidos no Cumio da Terra 2002, celebrado en Johannesburgo. A observación da fotografía permite na primeira actividade introducir o tema do Cumio da Terra e investigar coñecementos previos sobre o tema (actores, obxectivos, etc.). A continuación, son abordadas as principais cuestións traballadas neste cumio a partir da identificación de datos concretos, obtidos da prensa, e a súa posterior análise e éntrase a fondo no concepto de desenvolvemento sustentíbel. A seguinte actividade pretende analizar, a partir da lectura duns textos, os acordos obtidos no Cumio da Terra e pon ao descuberto as reaccións que suscitaron, así como as causas da falta de resultados. Por último, foméntase a reflexión acerca das responsabilidades individuais e colectivas con relación é deterioración do planeta e identifícanse accións concretas que se poden emprender para contribuír para o equilibrio ambiental.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que tenen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.