Lea na saída da discoteca

Buscador de recursos

Lea na saída da discoteca

Autoría: Montse López, Vanessa Quintana, Gaspar Tarrida
Data: 2004
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:
Trátase dun xogo de rol en que se representará unha situación hipotética mais habitual que provocará o debate entre uns personaxes. Estes personaxes deberán chegar a un acordo, no que ofrecerán unha definición do problema e propostas de solución. O xogo quere simular un proceso de mediación de conflitos no que un mediador (o animador do xogo) dirixirá a procura dun acordo entre as partes. O obxectivo desta actividade é adquirir habilidades para o debate e a resolución pacífica de conflitos. Para iso, débese argumentar e xustificar unha postura de acordo co rol ou personaxe, experimentar, e vivir de forma simulada sentimentos e situacións reais e buscar solucións. A actividade termina cunha reflexión colectiva sobre os comportamentos e argumentos dos personaxes a través dunha avaliación grupal da experiencia. A actividade estáprevista para ser realizada nunha sesión de dúas horas.
Observacións:
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete. Armas baixo Control, incluída na maleta pedagóxica Armas baixo Control, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionados co tema.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.