Makina gabeko eguna – Un día sen máquinas
Makina gabeko eguna – Un día sen máquinas
Data: 2009
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Medio ambiente e cambio climático
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total de 54 alumnos e alumnas participaron no proxecto organizados en grupos de catro. O alumnado de 4.º ideou o deseño da campaña e promoveuna entre os seus compañeiros e compañeiras de 1.º e 2.º. O día en cuestión, o alumnado que participaba na campaña tivo que buscar alternativas ás máquinas que non utilizaron, como por exemplo ler en lugar de ver a televisión. Cada alumno e alumna recolleu nun escrito, deseño, etc., as súas vivencias dese día, o seu concepto de “prescindibilidade”, etc., e foi elaborado un mural que foi exposto no centro, na web e no encontro da actividade Conectando Mundos de Bilbao.
Esta experiencia foi presentada no III Seminario de Educación para unha Cidadanía Global realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2009, cuxa memoria está dispoñible en Kaidara.