Mudemos as regras
Mudemos as regras
Data: 2002
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Desigualdade económica e xustiza fiscal
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Este material pretende motivar mediante unha dinámica vivencial o achegamento á complexa realidade do comercio internacional. Para iso, é organizada unha merenda en que, para poder comer, os alumnos e alumnas deberán traballar. Mais non todos os grupos terán o mesmo traballo nin o mesmo grao de dificultade na súa realización. A partir desta desigualdade, algúns terano moito máis fácil que outros. A continuación, abrirase un debate sobre o que ocorreu e por qué, e distinguirase entre os conceptos de prezo e valor, así como a súa relación. As seguintes actividades permitirán trasladar esta experiencia de inxustiza ao que sucede no comercio internacional e, en especial, ao caso do café. O alumnado tomará conciencia do papel que xogan os diferentes axentes que participan na súa comercialización, onde os pequenos produtores e produtoras levan a peor parte. O material introduce tamén os conceptos de consumo responsábel e comercio xusto e pretende fomentar a participación en accións colectivas de compromiso social.
Este material fai parte do monográfico “Café, café” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria.







