Non máis escusas

Buscador de recursos

Non máis escusas

Autoría: José Palos
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

O monográfico comeza coa reflexión individual e colectiva que temos cada persoa sobre a diferenza de sexos. A continuación, propón reflexionar sobre a distribución desigual de homes e mulleres nas tarefas domésticas e na diferenza de salarios por un mesmo traballo.

As seguintes actividades introducen o alumnado nun contexto como o africano onde as mulleres sofren a marxinación, a pesar de levaren o peso da economía en moitos casos. O monográfico suxire o traballo en grupos para propor solucións que poderían ser levados a cabo tanto desde os gobernos, como desde as empresas, as familias e a propia escola, para fomentar a igualdade de oportunidades. E propón a realización dunha noticia para televisión que sintetice todo o aprendido.

O traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.

Observacións:
Este material fai parte do monográfico “Na procura da igualdade” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.