O consumo responsábel nos centros educativos

Buscador de recursos

O consumo responsábel nos centros educativos

Autoría: Red valenciana de educadores y educadoras para una ciudadanía global
Data: 2012
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, 3 a 6 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos, Educadores e educadores, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán
Descrición:

O consumo responsábel é un dos instrumentos máis útiles que ten o cidadán medio do Norte para poder contribuír para unha situación máis xusta no mundo. Traballar o consumo responsábel na aula permite achegar de maneira dialogada a alumnado e profesorado, contribuéndo para fomentar o espírito crítico e solidario.

Este documento é froito da suma de diferentes experiencias docentes do grupo de profesores e profesoras da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Valencia e Murcia. Nel, reúnense diversas propostas encamiñadas a educar e concienciar o profesorado e os alumnos e alumnas sobre a importancia dun consumo racional e consciente que nos leve a reformular o modelo de desenvolvemento dos países do Norte.

O documento pretende ser unha guía de traballo para todos os centros educativos, comeza encadrando a actividade nos seus fundamentos teóricos para despois dar paso a unha recompilación de actividades prácticas para levar á aula e traballar o consumo responsábel co alumnado dos centros educativos. O documento pecha a proposta con actividades e ferramentas para a avaliación e unha guía de recursos.

Observacións:
Este documento nace tomando como punto de partida o libro de Protozoos Insubmisos de Araceli Caballero. Como nos di a autora: “queremos converter o consumo en instrumento de construción de cidadanía”. Queremos explorar as consecuencias ambientais e sociais do actual modelo de desenvolvemento e concienciar sobre cómo repercuten con máis forza nos países menos favorecidos e o que podemos facer nós como persoas de a pé. En resumo, formar cidadáns e cidadás que sexan conscientes da responsabilidade das propias decisións e accións.
Descarga de recursos
ConsumoResponsable_def.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.