O que o noso frigorífico oculta
O que o noso frigorífico oculta
Data: 2013
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Este Global express explica cómo funciona o noso sistema alimentario, que fai que mil millóns de persoas pasen fame, mentres máis da metade dos habitantes dos países industrializados ten exceso de peso. Ofrece propostas para traballar na aula a forma en como facer fronte a esta inxustiza mediante os hábitos e as prácticas de consumo.
A metodoloxía proposta baséase na investigación-acción, a partir dun traballo en grupos e unha análise conxunta das conclusións. Após unha investigación inicial da nosa cesta da compra, e para abordar todos os elementos que entran en xogo no sistema alimentario (que son moitos e moi amplos), esta proposta presenta cinco investigacións distintas, para que en grupos levemos a cabo unha delas. Cada equipo de investigación seguirá a pista dun alimento: ananás, perca, carne, millo e pan.
As cinco investigacións seguen metodoloxías distintas, e isto dános a flexibilidade de propor al alumnado aquela investigación que sexa máis acorde cos seus intereses, habilidades e capacidades.
Con cada investigación obteremos distinta información, que posteriormente compartiremos para ter unha visión global do sistema alimentario. Despois, veremos posíbeis alternativas para abordar os problemas que detectamos e terminaremos por nos preguntar o que podemos facer como consumidores e consumidoras para contribuír para a mudanza.
Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.
Lo_que_nuestra_nevera_esconde_ES.zip
Lo_que_nuestra_nevera_esconde_CAT.zip
Lo_que_nuestra_nevera_esconde_EUS.zip
Lo_que_nuestra_nevera_esconde_GAL.zip
Lo_que_nuestra_nevera_esconde_ingles.zip
GUIAS_DIDACTICAS.zip