O regalo de Memed

Buscador de recursos

O regalo de Memed

Autoría: Ester Casals
Data: 2004
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 3 a 6 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
A partir da historia de Memed preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito. E que se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Memed, un neno que se ve forzado a fuxir de xeito precipitado da súa casa por causa dun conflito armado. Ao final da historia está explícita a esperanza e o desexo que non se volvan repetir nunca conflitos deste tipo. O caderno propón dúas tarefas en paralelo: por un lado, móstrannos a historia do protagonista e, polo outro, preséntannos unha serie de actividades que nos permiten profundar nos conceptos e temáticas que van aparecendo na historia. As actividades basáanse na propia experiencia facendo continuas referencias ás súas vivencias, coñecementos, percepcións, etc. A guía didáctica detalla a historia de Memed. Presenta tamén, paso a paso, a aplicación didáctica de cada unha das ilustracións e das actividades que aparecen no caderno.
Observacións:
Este caderno fai parte da maleta pedagóxica Por unha vida digna, adeus ás armas, que ofrece materiais para os outros ciclos de Primaria e unha guía de recursos para Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.