Orientacións teórico-prácticas para a sistematización de experiencias
Orientacións teórico-prácticas para a sistematización de experiencias
Data: 2011
Temática: Marco teórico do ECG
Tipoloxía de recurso: Llibres, articles i informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Óscar Jara Holliday, Director Xeral do Centro de Estudos e Publicacións Alforja (San Xosé, Costa Rica) e coordinador do Programa Latinoamericano de Apoio é Sistematización de Experiencias do CEAAL (Consello de Educación de Adultos da América Latina) fornácenos unha guía con orientacións ao nivel teórico e práctico para levar a cabo un proceso de sistematización de experiencias educativas.
En palabras de Óscar Jara, recollidas nunha entrevista para a revista Matinal en 2010 e que podedes encontrar tamén en Kaidara: “O esencial da sistematización de experiencias reside en que se trata dun proceso de reflexión e interpretación crítica sobre a práctica e desde a práctica, que se realiza sobre a base da reconstrución e ordenamento dos factores obxectivos e subxectivos que interviñeron nesa experiencia, para extraer aprendizaxes e compartilos. Por iso, a simple recuperación histórica, narración ou documentación dunha experiencia, aínda que sexan exercicios necesarios para realizala, non son propiamente unha ’sistematización de experiencias’. Igualmente, se falarmos de ordenar, catalogar ou clasificar datos ou informacións dispersas, estaremos a falar de ‘sistematización’ de datos ou de informacións; nós utilizamos o mesmo termo, mais referido a algo máis complexo e vivo que son as experiencias e que implican realizar unha interpretación crítica, polo que utilizamos sempre o termo composto: ‘sistematización de experiencias’ e non só dicimos ‘sistematización’”.
A sistematización de experiencias vai permitir aos e ás educadoras apropiármonos criticamente das nosas experiencias, pondo en diálogo crítico os actores que interveñen no proceso e extraendo aprendizaxes que contribuirán para melloralas.
Acompaña a esta guía unha proposta de ficha de recuperación de aprendizaxes e a entrevista, mencionada anteriormente, que a revista Matinal realizou a Óscar Jara entre xullo e setembro de 2010.
Orientaciones_teorico-practicas_para_sistematizar_experiencias.pdf
Entervista_con_Oscar_Jara_Revista_Matinal.pdf
Ficha_de_recuperacion_de_aprendizajes.doc