Pistas para mudar a escola

Buscador de recursos

Pistas para mudar a escola

Autoría: Intermón Oxfam
Data: 2013
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:

Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar.

Pistas para mudar a escola recolle os contidos do libro Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora de Desiderio de Paz Abril, un mestre que dedicou moitos anos a fundamentar de maneira extensa e rigorosa a proposta da Educación para unha cidadanía global. Este libro non pretende simplificar, senón facilitar a aproximación ás ideas teóricas, a reflexión sobre a práctica, o traballo en grupo e, talvez, abrir unha porta á lectura da obra máis extensa.

Todas as seccións terminan cunha serie de preguntas que convidan á autoavaliación do lector ou lectora, e poden inspirar procesos de reflexión máis profundos, sexa individualmente ou en grupo.

Observacións:
COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais. Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade. Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.