Said e o muro (8-10)
Said e o muro (8-10)
Data: 2017
Temática: Cultura de paz e xestión de conflitos, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Migracións e interculturalidade
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego, Inglés
Moverse polo mundo é un dereito de todas as persoas e un fenómeno humano que existe desde o inicio dos tempos. Cada día e desde sempre, millares de persoas deciden emprender unha viaxe buscando coñecer mundo, un bo traballo, novas oportunidades... E outras moitas fano fuxindo de conflitos ou causas que poñen en serio perigo a súa vida e a dos seus seres queridos.
Coa proposta Dereitos sen fronteiras, pretendemos ofrecer ferramentas para abordar as causas da migración forzosa e os factores que afectan as persoas en tránsito, e esixir un maior compromiso cos dereitos humanos e coa seguridade das persoas, co desenvolvemento sustentábel e coa prevención de conflitos violentos, para garantir o dereito de todas as persoas a unha vida digna e en paz.
Esta proposta didáctica fai parte da colección Kaleidoskópio, que ten a súa orixe no proxecto internacional Conectando mundos (http://www.conectandomundos.org). Con estes materiais, o profesorado poderá dispor das actividades da edición online titulada “Dereitos sen fronteiras", elaboradas co apoio da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global de Oxfam Intermón. Para poder levar a cabo esta proposta, independentemente do calendario da actividade online e do proceso cooperativo con outras escolas, mantivéronse as animacións, as liñas argumentais e os niveis de contido, e as actividades foron adecuadas ao novo contexto para poderen ser levadas a cabo con éxito.