Salgados, investigadores privados. Xincana

Buscador de recursos

Salgados, investigadores privados. Xincana

Autoría: Carles Cuberes
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
Esta xincana pretende achegar o alumnado ao funcionamento do comercio e da economía mundial, así como a alternativa do comercio xusto e do consumo responsíbel. Os nenos e nenas fan parte dunha axencia de detectives, que se dedica a facer investigacións de diferentes tipos. Mais un día chégalles unha carta na que unha ONG lles pide unha investigación un pouco peculiar: investigar sobre unha serie de artigos cotiás. En equipos de catro terán que facer un percorrido por diferentes probas e coñecer diversos testemuños que lles permitirán obter o éxito nas súas investigacións. A duración prevista é dunha hora e media máis media hora de posta en común.
Observacións:
Este material fai parte da maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.