Son… e gústame
Son… e gústame
Data: 2003
Temática: Xustiza de xénero
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 8 a 10 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Este monográfico introduce o alumnado na identificación de elementos e patróns de conduta en función do sexo e pretende potenciar actitudes críticas fronte é desigualdade. A primeira actividade consiste en desenmascarar os estereotipos que transmiten os contos tradicionais. A continuación, proponse reflexionar a partir do máis próximo, como é a distribución de tarefas na casa, as profesións do noso contorno ou as dinámicas de xogo na escola.
A través dunha actividade de interpretación de imaxes, o alumnado é introducido nun contexto méis lonxincuo onde tamén aparece a desigualdade de oportunidades por razón de xénero. A modo de síntese, o monográfico suxire ao final escribir colectivamente un manifesto reclamando solucións é desigualdade de oportunidades.
O traballo formúlase ao longo de catro sesións de aula.
Este material fai parte do monográfico “Na procura da igualdade” que ofrece tamén actividades para todos os ciclos de primaria e secundaria.







