Tostadito viaxa polo mundo

Buscador de recursos

Tostadito viaxa polo mundo

Autoría: María Vinuesa, Carles Gràcia
Data: 2003
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 3 a 6 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara
Descrición:
A partir da lectura do conto “Tostadito viaxa polo mundo” danse a coñecer outras realidades e outras maneiras de vivir, alimentarse, etc. que permiten reflexionar sobre cáles son as necesidades básicas das persoas. O protagonista do conto, Tostadito, é un panciño que ten ganas de coñecer outros pans diferentes e, axudado polo seu amigo Pipirico, conseguirá, ao longo da súa viaxe, non sé coñecer outros pans, senón vivir unha aventura realmente emocionante. Grazas á súa historia, coñeceremos as materias primas e o seu ciclo natural, así como o proceso de elaboración do pan. O caderno de traballo foi concibido para que as actividades se traballen seguindo o relato do conto. Por iso, ao lado de cada imaxe encóntrase a proposta das actividades, entre elas a lectura do conto, un obradoiro de cociña, un xogo simbólico ou a construción dun mural. O material ten como obxectivo estimular actitudes de respecto e amizade para cos demais e entender a diferenza como feito enriquecedor.
Observacións:
Este material fai parte da maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén materiais para os outros ciclos de Primaria e Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.