Un grito pola paz

Buscador de recursos

Un grito pola paz

Autoría: Isabel Planas, Maru Escobedo, Raúl Jiménez
Data: 2004
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Este caderno presenta a Sofía, unha nena de Mozambique, que nos achega á situación que vive o seu país e ás consecuencias que ten para a poboación civil o uso das armas, máis especificamente das minas antipersoa. A biografía e as fotografías de Sofía achegarannos aos seus sonos e á súa realidade e permitirán ao alumnado coñecer a situación do seu país.

Este material pretende valorizar a paz e a xustiza social como dereitos fundamentais de todos os seres humanos. A partir dun xogo de rol, e de outros exemplos simulados, os nenos e nenas achegaranse ás distintas formas e actitudes na hora de afrontar un conflito. E xogarán a ser xornalistas que escriben na prensa sobre un conflito determinado. Procúrase establecer mecanismos que fomenten a resolución e transformación de conflitos, tanto á escala internacional como persoal. Este punto é exemplificado coa historia de dúas cabras que mostran a necesidade de desenvolver solucións creativas aos conflitos. Como síntese, proponse a elaboración dun libro xigante con todas as aprendizaxes, opinións, etc. de forma que poida contribuír para dar a coñecer este traballo ao resto da escola e ás familias.

Observacións:
Este caderno fai parte da maleta pedagóxica "Por unha vida digna, adeus ás armas", que ofrece materiais para os outros ciclos de Primaria e unha guía de recursos para Secundaria.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.