Un regalo para Karim
Un regalo para Karim
Data: 2007
Temática: Comercio xusto e consumo responsable
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 10 a 12 anos, 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Trátase dun obradoiro de consumo responsíbel. O seu obxectivo principal é que os mozos e mozas tomen conciencia do seu papel como consumidores e desenvolvan posicións e propostas de consumo alternativo. A educación para o consumo responsíbel pretende contribuír para transformar as persoas en cidadáns e cidadés globais, máis conscientes, participativos, críticos, responsíbeis e solidarios, suxeitos políticos dunha sociedade con maior xustiza social e cun equilibrio ambiental.
O obradoiro é estruturado en catro etapas. A primeira consiste nunha actividade de motivación e exploración, cuxo obxectivo é que os alumnos e as alumnas expresen o seus sentimentos e coñecementos sobre o tema, e coñezan os obxectivos e finalidades da actividade. A segunda etapa, mediante unha actividade lúdica, é a que permite aos alumnos e ás alumnas entraren en contacto co fenómeno do consumo dunha forma divertida e dinámica, e introducir os contidos relacionados con este. Seguidamente, a actividade entra nunha etapa de reestruturación, que pretende estimular os alumnos e as alumnas a reflexionaren sobre os novos contidos elaborados. Como síntese, a última etapa consiste nunha aplicación e concreción das opcións de consumo, a través de propostas que favorecen o consumo responsíbel.
O obradoiro permite un desenvolvemento lineal da actividade, mais tamén permite profundar nos obxectivos de cada etapa do obradoiro a través de varias propostas didácticas opcionais.
Karim_Taller_de_consumo_responsable_cast.pdf
karim_Taller_de_consumo_responsable_cat.pdf
Karim_Taller_de_consumo_responsable_eusk.pdf
karim_Taller_de_consumo_responsable_gal.pdf