Un turista no Mediterráneo
Un turista no Mediterráneo
Data: 2005
Temática: Comercio xusto e consumo responsable, Dereitos humanos e dereitos sociais básicos, Medio ambiente e cambio climático
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego

Este material ten como obxectivo reflexionar e analizar o uso da auga no caso concreto do turismo na conca mediterránea, mostrando as desigualdades que se xeran. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos que propoñen unha viaxe a Marrocos. A través da procura na Internet, cada grupo deberá deseñar un plano de viaxe. Unha vez realizado o plano, será calculado o consumo de auga que cada modelo turístico xerará. O obxectivo desta actividade é reflexionar sobre os modelos de consumo turístico que poden ser máis xustos e sustentíbeis.
A continuación, analizarase a dispoñibilidade de auga doce no mundo e reflexionarase sobre o dereito á auga como requisito previo para o cumprimento dos dereitos humanos.
Para finalizar a actividade, proponse un debate dunha hora e media sobre o turismo e sobre qué accións poden ser levadas a cabo nas viaxes para sermos máis respectuosos co equilibrio ambiental do planeta.







