Videofórum “Bowling for Columbine”

Buscador de recursos

Videofórum “Bowling for Columbine”

Autoría: Montse López, Vanessa Quintana, Gaspar Tarrida
Data: 2004
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán
Descrición:
Esta actividade propón a visualización e comentario do filme Bowling for Columbine, do director norteamericano Michael Moore. A través deste filme, serán analizadas as causas do uso das armas e da cultura da violencia. O documental apunta os posíbeis factores que fan aflorar actitudes que potencian o uso da violencia directa, como o sentimento de propiedade, a procura de seguridade, o sentimento de superioridade... Proponse como dinámica, antes de proceder a ver o filme, distribuír follas en branco a cada persoa do grupo para que anote tres motivos que respondan á pregunta “por que as persoas se arman?”. Ao finalizar o filme, faise unha posta en común coas respostas e cúbrese un modelo coas conclusións de todo o grupo.
Observacións:
Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Múvete. Armas baixo Control, incluída na maleta pedagóxica Armas baixo Control, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionados co tema.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.