Xogos cooperativos

Buscador de recursos

Xogos cooperativos

Autoría: Idoia Orbe Narbaiza
Data: 2011
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Esta experiencia relata as sesións que se realizan un domingo por mes no Museo da Paz de Gernika, cuxo obxectivo é fomentar os xogos cooperativos entre nenos e nenas de 12 anos, e tamén entre os adultos que se animan a participar.

Trátase dunha práctica que promove valores de cooperación, colaboración, axuda mutua, aprender a traballar en grupo, etc., valores, en moitos casos, subestimados nun mundo tan competitivo como o actual, por medio dos xogos.

as actividades son realizadas no obradoiro didáctico, una sala ampla e luminosa. Non se utilizan mesas nin cadeiras, senón que os e as participantes sentan ou tómbanse no chan con almofadas.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no V Seminario “Educar para unha cidadanía global”, realizado en Los Negrales (Madrid) en xullo de 2012, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_36.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre la Red de educadores y educadoras para una ciudadanía gloabal, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.